Páginas

lunes, 8 de abril de 2024

Body Balance o noso novo proxecto

Ola a todos, hoxe damos comezo ao noso novo proxecto Body Balance.

Mergullarémonos de cheo no coñecemento do corpo, as rutinas que nos fan sentir mellor, o seu coidado e como poder mellorar prestando atención ao que nos mostra. Para iso é fundamental entender que fai que esta máquina tan complexa funcione, adquirir bos hábitos para coidar o noso corpo e promover os beneficios que nos farán estar ben connosco mesmos e cos demais.

Ao chegar a clase e coñecer aos nosos novos compañeiros de equipo, pensamos nunha receita médica para ser feliz, e escribímola cunha ou dúas palabras. Deixámolo reflectido na nosa porta de clase, a modo de tirita ou pílula,  deste xeito, ao entrar cada día poderemos aplicar unha delas.

Neste primeiro día realizamos o noso desafío cunha pequena xincana. Nela tivemos que superar distintas probas por grupos para poder conseguir as pezas dun quebracabezas. En todas necesitabamos a colaboración do grupo e poñerse de acordo era algo fundamental.

Por último realizamos un xogo de kim, no que probamos distintos alimentos saudables empregando o sentido do gusto (ter os ollos tapados sen saber que probariamos foi toda unha experiencia para algúns). 


Esta é unha etapa de cambios e clarificar conceptos aprendendo coa ciencia viranos xenial. Así pois, encamiñamos a nosa recta final con este último proxecto para poñer equilibrio na nosa vida:


BODY BALANCE