Páginas

miércoles, 24 de abril de 2024

LECTURA CONTINUADA DEL QUIJOTE

Ayer fue el Día del Libro y para conmemorar una fecha tan importante los alumnos de 6º disfrutamos junto con algunos compañeros de bachillerato de una lectura continuada de uno de los libros más importantes de la literatura, D"on Quijote de la Mancha".

lunes, 8 de abril de 2024

Body Balance o noso novo proxecto

Ola a todos, hoxe damos comezo ao noso novo proxecto Body Balance.

Mergullarémonos de cheo no coñecemento do corpo, as rutinas que nos fan sentir mellor, o seu coidado e como poder mellorar prestando atención ao que nos mostra. Para iso é fundamental entender que fai que esta máquina tan complexa funcione, adquirir bos hábitos para coidar o noso corpo e promover os beneficios que nos farán estar ben connosco mesmos e cos demais.

Ao chegar a clase e coñecer aos nosos novos compañeiros de equipo, pensamos nunha receita médica para ser feliz, e escribímola cunha ou dúas palabras. Deixámolo reflectido na nosa porta de clase, a modo de tirita ou pílula,  deste xeito, ao entrar cada día poderemos aplicar unha delas.

Neste primeiro día realizamos o noso desafío cunha pequena xincana. Nela tivemos que superar distintas probas por grupos para poder conseguir as pezas dun quebracabezas. En todas necesitabamos a colaboración do grupo e poñerse de acordo era algo fundamental.

Por último realizamos un xogo de kim, no que probamos distintos alimentos saudables empregando o sentido do gusto (ter os ollos tapados sen saber que probariamos foi toda unha experiencia para algúns). 


Esta é unha etapa de cambios e clarificar conceptos aprendendo coa ciencia viranos xenial. Así pois, encamiñamos a nosa recta final con este último proxecto para poñer equilibrio na nosa vida:


BODY BALANCE






















jueves, 4 de abril de 2024

Producto final! Evasión ou vitoria

 Ola!

O produto final para o noso proxecto, consistiu en elaborar un rosco de Pasapalabra para dicir con todas as letras do abecedario, os termos e acontecementos estudados neste trimestre. 

Para a elaboración, repartímonos as letras e buscamos información en grupos para elaborar as preguntas.

Este traballo presentámosllo ás nosas familias a modo de proba na celebración da aprendizaxe.

Un saúdo.