Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta medioambiente. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta medioambiente. Mostrar todas las entradas

martes, 3 de mayo de 2022

Produto final 2º proxecto

O pasado xoves puidemos por fin, levar a cabo o noso produto final do segundo trimestre.

Despois de pospoñelo por cuestións metereolóxicas, chegou a nosa quenda.

A última parte do noso proxecto trataba sobre como coidar o  medioambiente, como podemos deixar a nosa pegada e colaborar...Por iso, xunto cos nosos compañeiros de 2º e 4º, collemos as nosas mochilas e puxemos rumbo ao monte Pedroso.

Alí esperábanos Santi e o seu equipo para levarnos a vivir unha mañá estupenda,.

Empezamos escoitando á natureza e sendo conscientes de onde estabamos. Fixemos unha camiñada polo monte onde nos ían explicando a flora, as distintas especies que hai , as árbores,  dandonos trucos e consellos de como coidar a contorna...

Acabamos case na cima coa sorpresa final. Ibamos a plantar árbores, castiñeiros,  carballos....dividímonos por grupos  e puxémonos ao choio. Despois coa motobomba, abriron a mangueira e axudamos a regar.

Ao acabar, tras o merecido esforzo, chegou a merenda.

Ademais fomos os encargados de apadriñar aos nosos compañeiros de segundo e axudalos polo monte, a non caer...botar unha man. E o fixemos moi ben, toda unha experiencia!

Foi unha saída moi aproveitada e un gran broche para o noso final de proxecto onde aprendemos a ser máis conscientes e a coidar o que nos rodea. 

















 

lunes, 4 de abril de 2022

Último esfuerzo

Estamos na última parte do noso segundo proxecto. Depois de facer a nosa metacognición intermedia, onde botamos a vista atrás para ver que imos aprendendo e como podemos mellorar, tócanos deixar a parte de xeografía para centrarnos no medio ambiente.

Trataremos de entender cómo podemos mellorar e aportar a nosa pegada no mundo que nos rodea