Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta interioridad. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta interioridad. Mostrar todas las entradas

lunes, 21 de febrero de 2022

Sexto viaxeiro!

 Seguimos traballando no noso proxecto de xeografía!

Despois de investigar sobre os elementos do mapa e diferentes tipos de instrumentos de  orientación, tocounos coñecer os mapas físico e político de España.

Tras uns retos propostos pola profesora e de maneira grupal,tivemos que cubrir todo o que sabíamos sobre España e o seu relevo.

Despois de maneira individual, e facendo memoria, tivemos que cubrir o mapa político e avaliarnos,xa que é unha parte importantísima sempre.

En breves contarémosvos como nos vai pola nosa viaxe por Europa.























jueves, 21 de octubre de 2021

A Cruz de Lampedusa



Hoxe a cruz de lampedusa, chegou ao Seminario.

O Papa, tras a traxedia das embarcacións dos migrantes na illa de Lampedusa en 2013, bendixo esta Cruz feita con anacos deses barcos afundidos e decidiu que debía dar a volta ao mundo para que non esquezamos o que pasou e o que segue sucedendo nos nosos mares.

Os alumnos e alumnas de 6º, tivemos a oportunidade de estar un intre sentados ao redor da cruz, lembrando o por que da súa presenza e dando grazas polo afortunadas que son as nosas vidas e doutra banda, todo o que teñen que poñer en risco outras persoas para poder alcanzar un novo comezo.