Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta geografía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta geografía. Mostrar todas las entradas

domingo, 11 de diciembre de 2022

Citas rápidas por Europa

Seguimos avanzando no proxecto. Neste caso cubrimos o noso mapa político de Europa, pero fixémolo a través dunha rutina especial.
Neste caso, cada un tiñamos que investigar sobre dous países de Europa (moeda, idioma, capital, comida, trouxen rexional...) Despois en clase, cada dous minutos, tiñamos unha cita cun compañeiro co que tiñamos que compartir está información e situar os países que nos tocaban no mapa do outro.
Así ata completar todas as rotacións e os nosos mapas.














lunes, 21 de febrero de 2022

Sexto viaxeiro!

 Seguimos traballando no noso proxecto de xeografía!

Despois de investigar sobre os elementos do mapa e diferentes tipos de instrumentos de  orientación, tocounos coñecer os mapas físico e político de España.

Tras uns retos propostos pola profesora e de maneira grupal,tivemos que cubrir todo o que sabíamos sobre España e o seu relevo.

Despois de maneira individual, e facendo memoria, tivemos que cubrir o mapa político e avaliarnos,xa que é unha parte importantísima sempre.

En breves contarémosvos como nos vai pola nosa viaxe por Europa.























martes, 18 de enero de 2022

Europa Airlines



Hoxe comezamos o novo proxecto de Ciencias Sociais. Nesta ocasión imos traballar o bloque de xeografía (España e Europa) e medioambiente.
Despois de analizar ben a decoración e facer unha rutina de pensamento, mergullámonos no desafío inicial.
Consistía en buscar unha checklist escondida pola clase ou o corredor onde nos asignaban unha serie de retos sobre unha cidade de España e tiñamos que buscar información sobre a súa bandeira, himno, comunidade autónoma, o rio que pasa por ela, a montaña máis importante, museos, comidas e bailes típico que tivemos que aprender a bailar!
Despois de todo, comezamos a tarefa 0 coa crítica ao desafío inicial e a metacognición inicial.
E tamén temos connosco o préstamos de libros sobre o proxecto que fai sempre a biblio a cada clase, grazas!

Seguirémosvos informando!