Este é o noso novo tópico xenerativo. Nesta ocasión chegamos ao cole e estaba todo decorado para o novo e último proxecto! A situación de aprendizaxe consistiu, cos nosos novos grupos, en escanear os códigos QRs que estaban ocultos polo corredor e tentar adiviñar se os anuncios que escondían eran reais ou falsos e por que criamos iso.
Cando terminamos e xa tiñamos a lista, dixéronnos que todos os anuncios eran reais, e non nolo podiamos crer, xa que había moitos esterotipos, e imaxes que chamaban moito a atención.
De hoxe puidemos entender que imos falar sobre publicidade, markenting, empresa, de diñeiro...
Empezamos a tarefa 0 co noso plan de equipo, crítica e metacognición inicial.
Seguirémosvos informando