Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta solidariedade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta solidariedade. Mostrar todas las entradas

miércoles, 21 de diciembre de 2022

Campaña de Nadal


Dentro da campaña de nadal que se está levando a cabo no cole, o venres pasado no festival de Nadal, propúxose recadar diñeiro a favor desta iniciativa. Avogando á solidariedade e mirando ao redor de nós, quizais hai persoas que non o están pasando do todo ben e nós podemos achegar o noso granito de area.

Os nenos de 6º fomos os encargados de que ese diñeiro convertésese en alimentos. Reflexionamos sobre a importancia de participar e sobre os alimentos que iamos comprar.

Xa chegou todo ao cole listo para ser repartido.

Moitas grazas a todos por colaborar.