Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta Investigar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Investigar. Mostrar todas las entradas

viernes, 10 de junio de 2022

Publicidad

Seguimos trabajando con nuestro proyecto sobre la empresa. Después de ver los distintos sectores que existen y los servicios que desarrollan, nos metimos de lleno con el tema de la publicidad, los diferentes tipos, elementos...para continuar con la parte de educación financiera.

Queda poco para que conozcáis nuestro producto final!








lunes, 7 de marzo de 2022

Semana da prensa

Hoxe empezamos a semana da prensa. Estivemos a navegar por distintos xornais dixitais, falando sobre a importancia de contrastar as informacións, buscar en distintas fontes e estar informados sempre.
Doutra banda, volvemos lembrar que era unha noticia, cales son as súas partes, aproveitando que puidemos botar un ollo nun xornal en papel e traballar con el.
















lunes, 21 de febrero de 2022

Sexto viaxeiro!

 Seguimos traballando no noso proxecto de xeografía!

Despois de investigar sobre os elementos do mapa e diferentes tipos de instrumentos de  orientación, tocounos coñecer os mapas físico e político de España.

Tras uns retos propostos pola profesora e de maneira grupal,tivemos que cubrir todo o que sabíamos sobre España e o seu relevo.

Despois de maneira individual, e facendo memoria, tivemos que cubrir o mapa político e avaliarnos,xa que é unha parte importantísima sempre.

En breves contarémosvos como nos vai pola nosa viaxe por Europa.























martes, 18 de enero de 2022

Europa Airlines



Hoxe comezamos o novo proxecto de Ciencias Sociais. Nesta ocasión imos traballar o bloque de xeografía (España e Europa) e medioambiente.
Despois de analizar ben a decoración e facer unha rutina de pensamento, mergullámonos no desafío inicial.
Consistía en buscar unha checklist escondida pola clase ou o corredor onde nos asignaban unha serie de retos sobre unha cidade de España e tiñamos que buscar información sobre a súa bandeira, himno, comunidade autónoma, o rio que pasa por ela, a montaña máis importante, museos, comidas e bailes típico que tivemos que aprender a bailar!
Despois de todo, comezamos a tarefa 0 coa crítica ao desafío inicial e a metacognición inicial.
E tamén temos connosco o préstamos de libros sobre o proxecto que fai sempre a biblio a cada clase, grazas!

Seguirémosvos informando!















lunes, 17 de enero de 2022

Finalizando o proxecto

 O proxecto da Idade contemporánea está a chegar ao seu fin. Estamos poñendo o noso mellor esforzo para cumplir con todas as actividades e plasmar as evidencias da mellor maneira posible nos nosos porfolios. Pronto poderedes descubrir o noso produto final.












lunes, 29 de noviembre de 2021

Mes da Ciencia na Biblioteca


Este mes de novembro, celébrase o Mes da Ciencia na Biblioteca, e por esta razón, o pasado xoves recibimos a visita de Yolanda, unha nai do noso cole que compartiu con nós un ratiño do seu tempo.

Yolanda traballa nun laboratorio e ensinounos a extraer o ADN dun plátano!! 
Despois de seguir moi atentos e atentas as instruccións que ía dando, finalmente puidemos ver flotar a cadea de ADN do plátano. Foi toda unha experiencia!
Moitas grazas Yolanda,









martes, 23 de noviembre de 2021

Isto é outra historia...



Na parte de Cciencias Sociais, seguimos traballando o tema da Idade Contemporánea. Fixemos un Comité de expertos onde investigamos os tipos de fontes orais ou escritas que existen, tivemos testemuños directos ou indirectos de parte da historia máis actual, e agora estamos metidos de cheo coa Revolución francesa. As súas causas, os efectos que conlevou, os seus protagonistas... e empezaremos coa Revolución industrial. 
Aos poucos imos dándolle forma ao noso porfolio.
Aquí vai unha pequena mostra.