Páginas

jueves, 29 de febrero de 2024

TERIO CARRERA

Os nosos compañeiros de secundaria e bacharelato, están a desfrutar da súa semana cultural, este ano adicada á comunicación. Gracias a iso hoxe os alumnos de 5° e 6° de primaria tivemos a oportunidade de escoitar a Terio Carrera, un xornalista galego con que consta de máis de 35 anos de experiencia. Falounos non só do seu traballo se non que nos contou vivencias con relevantes deportistas moi coñecidos. Ademais, ensinounos o importante que é ter valores como o esforzo, a paciencia, a escoita, a tolerancia... non só no ámbito deportivo, senon na vida en xeral.

Moitas grazas Terio polo teu tempo e por compartir con nós as túas experiencias e coñecementos.


viernes, 23 de febrero de 2024

 23 DE FEBREIRO

 DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO                                                       

A principios de semana realizamos un proxecto de investigación sobre Rosalía de Castro cos nosos compañeiros de 5º de primaria.

Rosalía de Castro é unha das figuras máis importantes da nosa literatura e unha precursora do movemento literario coñecido como Rexurdimento, por iso, cada 23 de febreiro lembrámola, en honra ao seu nacemento en 1837.

Para levar a cabo a sesión, dividímonos en grupos e cada un de nós, investigou sobre un aspecto diferente da vida ou obra de Rosalía de Castro, incluíndo tamén o deseño dunha fermosa portada....un traballo impresionante, co que practicamos habilidades de búsqueda e seleción de información.

Con actividades deste tipo, fomentamos o traballo en equipo, desenvolvemos habilidades sociais, promovemos o respecto e a tolerancia....aspectos fundamentais para o desenvolvemento integral do noso alumnado.

Este  foi o comezo dunha semana na que conmemoramos o legado literario e a contribución á nosa  cultura galega de ROSALÍA DE CASTRO.

                                                FAI CLICK NA FOTO E VERÁS MÁIS
                                                

jueves, 22 de febrero de 2024

FRACCIONES

En clase de matemáticas estamos trabajando las fracciones. Para ello, entre otras cosas hemos utilizado diferentes juegos.