Páginas

lunes, 29 de noviembre de 2021

Mes da Ciencia na Biblioteca


Este mes de novembro, celébrase o Mes da Ciencia na Biblioteca, e por esta razón, o pasado xoves recibimos a visita de Yolanda, unha nai do noso cole que compartiu con nós un ratiño do seu tempo.

Yolanda traballa nun laboratorio e ensinounos a extraer o ADN dun plátano!! 
Despois de seguir moi atentos e atentas as instruccións que ía dando, finalmente puidemos ver flotar a cadea de ADN do plátano. Foi toda unha experiencia!
Moitas grazas Yolanda,









domingo, 28 de noviembre de 2021

25N

O 25N estivemos reflexionando sobre o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a través dunha canción.

Falamos de aspectos como a igualdade, os estereotipos, os prexuízos... pero tamén compartimos experiencias vividas relacionadas con estos aspectos. 
Chegamos á conclusión de que queda moito camiño por percorrer, pero estamos convencidos que entre todos poderemos chegar a esa igualdade e respeto.

miércoles, 24 de noviembre de 2021

Ler é un pracer



Seguimos como cada ano practicando a lectura en voz alta. Aínda que todos o días temos o noso tempo de lectura, tamén é moi importante traballar a oralidade e aprender a dirixirnos aos demais. Por iso, con Tatum, seguimos traballando esta parte da lectura. A entoación, as pausas, as miradas ao público, a concentración... e todo o facemos a través de críticas construtivas entre os compañeiros e profesores.






















martes, 23 de noviembre de 2021

Isto é outra historia...



Na parte de Cciencias Sociais, seguimos traballando o tema da Idade Contemporánea. Fixemos un Comité de expertos onde investigamos os tipos de fontes orais ou escritas que existen, tivemos testemuños directos ou indirectos de parte da historia máis actual, e agora estamos metidos de cheo coa Revolución francesa. As súas causas, os efectos que conlevou, os seus protagonistas... e empezaremos coa Revolución industrial. 
Aos poucos imos dándolle forma ao noso porfolio.
Aquí vai unha pequena mostra.

























lunes, 22 de noviembre de 2021

Día Dereitos da infancia



O pasado 20 de novembro, celebrábase o día dos Dereitos da Infancia, e nós desde o cole apoiamos e quixemos dar visibilidade ese día ao dereito de todo neno a ter unha familia e un fogar.

Unímonos á iniciativa que desde Galicia fomenta a asociación Acougo, o "Día do Pixama" e plantámonos todos en pixama o venres!!

Tivemos a sorte de que viñeron falarnos Manuel e Cristina por parte da asociación Igaxes, sobre a realidade que viven moitos nenos e mozos en centros de acollida. Axudáronos a desmitificar un pouco o que tiñamos nas nosas mentes respecto a este tema.

Pola tarde, viñeron visitarnos Ana e Antonio. Son un matrimonio que foron pai e nai de corazón de moitos nenos e nenas e que co tempo crearon unha bonita familia, e contáronnos a súa experiencia como familia de acollida.

Foi un día intenso no que nos tentamos poñer no lugar doutros e démonos conta que hai moitas persoas poñendo o seu granito de area para que o mundo que nos rodea sexa mellor.

Agradecemos polo tempo compartido.