A RAG define cantareira como muller que canta cantigas populares. Son aquelas mulleres que se dedicaban a cantar cancións populares ou coplas da nosa terra. Nesta tradición é moi importante a percusión, sobre todo coa pandeireta. Moitas letras destas cancións narran como é a vida cotiá, as emocións e as historias de Galicia.
Aínda que existiron moitas cantareiras, a RAG personificou esta homenaxe nas seguintes sete: Adolfina e Rosa Casás (de Cerceda), Eva Castiñeira (de Muxía), Manuela Lema, Teresa García, Prudencia e Asunción Garrido (de Mens).
No día de hoxe puidemos escoitar uns trazos sinxelos e profundos das vidas de Adolfina e Rosa Casás, por boca do seu neto e afillado, Rafael Casás.
Foi unha oportunidade única para achegarnos a estas persoas, que agora son recoñecidas pola súa achega á cultura galega.