Hoxe a cruz de lampedusa, chegou ao Seminario.
O Papa, tras a traxedia das embarcacións dos migrantes na illa de Lampedusa en 2013, bendixo esta Cruz feita con anacos deses barcos afundidos e decidiu que debía dar a volta ao mundo para que non esquezamos o que pasou e o que segue sucedendo nos nosos mares.
Os alumnos e alumnas de 6º, tivemos a oportunidade de estar un intre sentados ao redor da cruz, lembrando o por que da súa presenza e dando grazas polo afortunadas que son as nosas vidas e doutra banda, todo o que teñen que poñer en risco outras persoas para poder alcanzar un novo comezo.