O pasado 20 de novembro, celebrábase o día dos Dereitos da Infancia, e nós desde o cole apoiamos e quixemos dar visibilidade ese día ao dereito de todo neno a ter unha familia e un fogar.
Unímonos á iniciativa que desde Galicia fomenta a asociación Acougo, o "Día do Pixama" e plantámonos todos en pixama o venres!!
Tivemos a sorte de que viñeron falarnos Manuel e Cristina por parte da asociación Igaxes, sobre a realidade que viven moitos nenos e mozos en centros de acollida. Axudáronos a desmitificar un pouco o que tiñamos nas nosas mentes respecto a este tema.
Pola tarde, viñeron visitarnos Ana e Antonio. Son un matrimonio que foron pai e nai de corazón de moitos nenos e nenas e que co tempo crearon unha bonita familia, e contáronnos a súa experiencia como familia de acollida.
Foi un día intenso no que nos tentamos poñer no lugar doutros e démonos conta que hai moitas persoas poñendo o seu granito de area para que o mundo que nos rodea sexa mellor.
Agradecemos polo tempo compartido.