Páginas

martes, 18 de enero de 2022

Europa Airlines



Hoxe comezamos o novo proxecto de Ciencias Sociais. Nesta ocasión imos traballar o bloque de xeografía (España e Europa) e medioambiente.
Despois de analizar ben a decoración e facer unha rutina de pensamento, mergullámonos no desafío inicial.
Consistía en buscar unha checklist escondida pola clase ou o corredor onde nos asignaban unha serie de retos sobre unha cidade de España e tiñamos que buscar información sobre a súa bandeira, himno, comunidade autónoma, o rio que pasa por ela, a montaña máis importante, museos, comidas e bailes típico que tivemos que aprender a bailar!
Despois de todo, comezamos a tarefa 0 coa crítica ao desafío inicial e a metacognición inicial.
E tamén temos connosco o préstamos de libros sobre o proxecto que fai sempre a biblio a cada clase, grazas!

Seguirémosvos informando!