Seguimos traballando no noso proxecto de xeografía!
Despois de investigar sobre os elementos do mapa e diferentes tipos de instrumentos de orientación, tocounos coñecer os mapas físico e político de España.
Tras uns retos propostos pola profesora e de maneira grupal,tivemos que cubrir todo o que sabíamos sobre España e o seu relevo.
Despois de maneira individual, e facendo memoria, tivemos que cubrir o mapa político e avaliarnos,xa que é unha parte importantísima sempre.
En breves contarémosvos como nos vai pola nosa viaxe por Europa.