Onte tivemos a sorte de ter unha visita ao Arquivo Histórico da USC. No proxecto que estamos agora de historia, tratamos o tema das fontes históricas e foi un luxo poder escoitar como gardan e restauran libros antiquísimo, plumas, papiros... saber como escribían, os tipos de letras que existían e como foi cambiando. Máis de tres ou catro séculos tiñan algúns libros.
Ao chegar deixamos plasmada a nosa evidencia no porfolio en forma de crónica e rutina de pensamento.
Agradecemos a visita e o tempo dedicado xa que foi moi ameno e aprendimos cousas novas.