Páginas

jueves, 29 de febrero de 2024

TERIO CARRERA

Os nosos compañeiros de secundaria e bacharelato, están a desfrutar da súa semana cultural, este ano adicada á comunicación. Gracias a iso hoxe os alumnos de 5° e 6° de primaria tivemos a oportunidade de escoitar a Terio Carrera, un xornalista galego con que consta de máis de 35 anos de experiencia. Falounos non só do seu traballo se non que nos contou vivencias con relevantes deportistas moi coñecidos. Ademais, ensinounos o importante que é ter valores como o esforzo, a paciencia, a escoita, a tolerancia... non só no ámbito deportivo, senon na vida en xeral.

Moitas grazas Terio polo teu tempo e por compartir con nós as túas experiencias e coñecementos.