jueves, 29 de febrero de 2024
TERIO CARRERA
viernes, 23 de febrero de 2024
23 DE FEBREIRO
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Rosalía de Castro é unha das figuras máis importantes da nosa literatura e unha precursora do movemento literario coñecido como Rexurdimento, por iso, cada 23 de febreiro lembrámola, en honra ao seu nacemento en 1837.
Para levar a cabo a sesión, dividímonos en grupos e cada un de nós, investigou sobre un aspecto diferente da vida ou obra de Rosalía de Castro, incluíndo tamén o deseño dunha fermosa portada....un traballo impresionante, co que practicamos habilidades de búsqueda e seleción de información.
Con actividades deste tipo, fomentamos o traballo en equipo, desenvolvemos habilidades sociais, promovemos o respecto e a tolerancia....aspectos fundamentais para o desenvolvemento integral do noso alumnado.
Este foi o comezo dunha semana na que conmemoramos o legado literario e a contribución á nosa cultura galega de ROSALÍA DE CASTRO.
jueves, 22 de febrero de 2024
FRACCIONES
jueves, 25 de enero de 2024
Proxecto Evasión ou Vitoria
Ola familias!
Damos comezo ao noso novo proxecto de trimestre. O seu tópico xenerativo é Evasión ou Vitoria.
Centrarémonos na idade contemporánea e traballaremos desde varias perspectivas para empaparnos dos distintos eventos.
Na nosa situación de aprendizaxe inicial, elaboramos a nosa linea temporal.
Para iso investigamos, seleccionamos e explicamos os distintos acontecementos ocorridos nesta época histórica.
miércoles, 24 de enero de 2024
Celebración da aprendizaxe
Ola familias!
Despedimos o noso proxecto Interrail. E fixémolo mediante unha celebración da aprendizaxe, este momento permítenos mostrarvos todo o traballado no trimestre anterior.
Grazas pola vosa atención.






























