Páginas

viernes, 25 de marzo de 2022

Visita ao CIPX

Hoxe tivemos a sorte de facer unha saída como parte do noso proxecto de ciencias, Europa Airlines. 
Visitamos o CIPX (Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns de Compostela) en Belvís, onde levamos a cabo 3 momentos. 
O primeiro deles, foi unha charla moi amena por parte de Nuria, a nosa anfitrioa. Faláronnos sobre a biodiversidade, o zoonosis, como coidar o medio ambiente, as fauna e flora autóctona... Despois, creamos por grupos os nosos propios ecosistemas. Dous continentais e un desértico. Terémolos no cole para coidar deles. 
E como guinda, estivemos a plantar por parellas nosos propias árbores no parque de Belvís. Poderán ir visitalos e ver como crecen. Foi unha mañá moi aproveitada na que seguiremos dando voltas nas semanas seguintes en clase.
Toda unha sorte!