Páginas

martes, 17 de enero de 2023

3,2,1 ponte e mapa mental

As rutinas de pensamento axúdannos a darnos conta do que sabemos ou cremos saber dun tema.

Neste caso traballamos sobre o medioambiente a través da rutina 3,2,1 ponte. Tiñamos que poñer tres ideas, dúas preguntas que nos xurdan e unha imaxe que nos suxira. Despois de ver un vídeo sobre o tema, temos que repetir as tres accións pero con distintas ideas, preguntas e imaxe, xa que se supón que algo novo temos aprendido.

Tamén utilizamos os mapas mentais para facer a materia máis visual á hora de traballar ou para o estudo.