Empezamos un novo proxecto! Nesta ocasión, veremos a parte da Idade Contemporánea.
Chámase Viva la Pepa! Facendo un guiño a nosa primeira Constitución.
Ao chegar ao colexio estaba todo decorado! En canto sentamos nos novos grupos, comezamos coa situación de aprendizaxe, onde tiñamos unha lista de 36 fotografías con acontecementos históricos e unha lista con títulos que tiñamos que relacionar.
Unha vez tivemos a foto co seu título, investigamos no ordenador a data exacta e ordeamos cronolóxicamente os acontecementos históricos.
Despois, estivemos falando e analizando todo o que imos ver neste proxecto, que por agora, parece moi interesante.
Fixemos a nosa crítica á situación de aprendizaxe e comezamos a metacognición inicial, que xa sabedes que para nós é moi importante no comezo do proxecto.
Seguiremos informando!