En moitas ocasións os contidos que traballamos nos proxectos teñen relación cos que traballan compañeiros e compañeiras doutros niveis.
Nesta ocasión, os nenos e nenas de 1º compartiron unha tarefa en común cos nenos e nenas de 6º de Eduación Primaria, e que foi a vida saudable e o coidado do corpo humano.
Por esta razón, os maiores preparamos unha clase especial para darlla aos máis pequenos da etapa, na que lles explicamos a importancia de coñecer o noso corpo, de seguir unha boa alimentación, de facer deporte, da prevención para coidar o corpo e a importancia da relaxación.
Unha experiencia estupenda antes de rematar este último proxecto do curso que nos axudou a asentar os contidos traballados, a repasalos e explicándollo aos demais aprendemos moito máis.
Deixámosvos algunhas fotos por aquí deste momento.